Co fin de dar a coñecer o noso centro ao posible novo alumnado, o conservatorio fará unhas sesións de portas abertas no auditorio do centro.
O acto será un pequeno concerto no que se mostrarán os diferentes instrumentos e terá lugar nas seguintes datas e horarios:
Luns 7 de marzo de 16:30 a 18 horas
Xoves 10 de marzo de 20 a 21:30 horas
A entrada farase por orde de chegada ata completar aforo.
Estas xornadas están dirixidas principalmente ao alumnado de 2º a 6º de Primaria interesado en entrar no Grao Elemental. Pinchar aquí para ver mais información das ensinanzas.
*IMPORTANTE: O prazo de incripción ás probas de acceso de elemental e profesional será do 28 de marzo ao 7 de abril de 2022.
Iremos publicando máis información durante o mes de marzo.