Sistema de videoconferencia Webex | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Sistema de videoconferencia Webex

PARA O ALUMNADO:

Para acceder a unha videoconferencia, cómpre premer no enlace facilitado polo docente, a través do correo electrónico e/ou na aula virtual:

– En Windows 10, preferiblemente cos navegadores Chrome ou Firefox, a través dun cliente que o navegador instala no equipo, e que comeza ao premer en “Iniciar una reunión“ ou ao acceder directamente a dito cliente.
– En Linux, cos navegadores Chrome, ou Firefox 67 ou superior
– En MAC OS, co navegador Safari, a través dun cliente que o navegador instala no equipo, e que comeza ao premer en “Iniciar una reunión“ ou ao acceder directamente a dito cliente.
– En móbiles e tabletas con S.O. Android hai que instalar a app Webex Meet
– En móbiles e tabletas con S.O. IOS hai que instalar a app Webex Meet
– Ou só con audio (sen imaxe) a través da liña telefónica (aplica a tarifación do provedor de telefonía que teña contratado o usuario). Para iso é necesario chamar algún dos seguintes teléfonos: 912158236 , 917911283 ; unha vez que se escoite a locución premer no teclado do teléfono 1# logo o número da reunión (que o/a docente pode ver na páxina onde se inicia a vídeo ou no correo de invitación ao alumno) proporcionado polo/a docente seguido de #, e por último premer de novo #

Amtega (2020). Manual Webex.