TRABALLO DISCOGRÁFICO DE ALBERTO VILAS: UBUNTU | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

O mestre do conservatorio Alberto Vilas acaba de publicar o seu terceiro traballo discrográfico co seu grupo Alberto Vilas Quartet.

“UBUNTU” é unha palabra das linguas indíxenas sudafricanas zulú e xhosa, que alude nesas culturas tradicionais unha dimensión ético-moral da convivencia baseada no respecto mutuo, a empatía e a colaboración libre, aberta, valente e sincera entre as persoas.

“UBUNTU” é o terceiro traballo discográfico do Alberto Vilas Quartet e, pola súa riqueza, calidade e madureza, alimenta no máis principal o repertorio que esta interesante formación ofrece nos seus concertos neste ano 2016.

Deixámosvos este anaquiño neste vídeo promocional de youtube e xa vos anunciamos que dentro de pouco poderedes escoitalos en directo no conservatorio! Estade atentos para saber á data do concerto ás nosas redes sociais.

E se despois do vídeo quedaches con ganas de máis, podes mercar o disco completo en:
– VIGO: Discos Elepé
– PONTEVEDRA: Conservatorio Manuel Quiroga, cafetería
– REDONDELA – Libraría A Carambola (Reboreda)
O Café da Vila
– A través da web www.albertovilas.com
– Enviándolle un privado ao propio Alberto Vilas ou en calquera dos seus concertos.