Taller: O Piano Hoxe | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

O Departamento de Piano do CMUS Profesional Manuel Quiroga organiza un taller sobre o piano que se vai desenvolver o martes 28 e mércores 29 de xaneiro.

O taller será impartido por un enxeñeiro en acústica / técnico afinador de pianos e vai dirixido ao alumnado, profesorado e familias en grupos de entre 12 e 20 persoas.

Ten unha duración aproximada de 90 minutos e é totalmente gratuito.

Para anotarse cómpre entregar a folla de inscrición que se adxunta na conserxería do centro antes do mércores 22 de xaneiro.

Tríptico_O Piano Hoxe