Os alumnos que rematedes o sexto curso tedes que solicitar o título do grao profesional. Para iso tedes que enviar ao centro, o antes posible, a seguinte documentación:

1. Resgardo da taxa: Achégase un titorial para realizar o pago: Ver aquí

2. IMPRESO DE SOLICITUDE DO TITULO: Descargar aquí

3. Copia do DNI

4. No caso de ter algunha exención no pago da taxa (familia numerosa, discapacidade,….) copia da xustificación.

 

Tedes que enviar toda a documentación ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal

 

Unha vez recibidas as solicitudes elaboraremos os certificados da nota media que poderedes recoller na conserxería do centro.