Protocolo para unhas clases seguras | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Protocolo para unhas clases seguras:

Debido as características especiais do novo curso,  queremos recordar  o protocolo, e os materiais que precisa o alumnado para as clases de banda, orquestra e todos os instrumentos de vento:

  • Os alumnos/as ocuparán sempre a mesma cadeira, que será adxudicada o primeiro día de clase.
  • Ó remate da clase cada alumno/a limpará a cadeira e o atril que empregou, con desinfectante e panos desbotables facilitados polo profesor.
  • Os instrumentistas de vento traerán unha toalla de dimensións pequenas, na que recollerán os refugallos. Tamén será posible o uso de panos desbotables, que o alumno recollerá unha vez rematada a clase.
  • O montaxe e desmontaxe do instrumento farase seguindo as instrucións do profesor que indicará os lugares estipulados para isto.
  • Ó remate da clase procederase con orde e sen perder tempo, evitando as aglomeracións e facilitando a saída da aula para proceder á ventilación correcta.
  • Cada alumno contará cás súas partituras ( en formato papel ou dixital, permitirase o uso de tabletas), que se facilitarán a través da aula virtual.
  • Non será posible compartir atril entre o alumnado.
  • O alumnado disporá do material necesario para poder tomar as anotacións necesarias, que sempre será de uso individual, non podendo compartirse.
  • O uso da máscara será obrigatorio, non podendo prescindir dela agás os instrumentistas de vento no momento de tocar.
  • Será obrigatorio respectar as distancias de seguridade estipuladas.