PROBAS DE ACCESO | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FP E IE SOBRE A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO AO CURSO 2020/21 NAS ENSINANZAS DE MÚSICA:

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31125

PROBAS DE ACCESO AO 1º CURSO DOS GRAOS ELEMENTAL E PROFESIONAL

 

GRAO ELEMENTAL:  As probas este ano, de maneira excepcional, terán lugar en setembro. O prazo de inscrición será do 15 ao 26 de xuño. OFERTA DE PRAZAS – PREINSCRICIÓN (do 15 ao 26)

              *A documentación (resgardo da solicitude e copia do DNI) será enviada por correo electrónico ao seguinte  enderezo: cmuspontevedra@gmail.com,  dentro do prazo establecido (ata o 26 ás 14 horas).

 

GRAO PROFESIONAL: As probas terán lugar a partir do 15 de xuño. O prazo de inscrición será do 1 ao 10 de xuño. TABOA DE PRAZAS E INSCRITOSTRIBUNAIS e INFORMACIÓN

 

— > TAMEN CHE PODE INTERESAR:

Información sobre o Grao Elemental: Pinchar aquí

Información sobre o Grao Profesional: Pinchar aquí

 

ACCESO A CURSOS DISTINTOS DE PRIMEIRO:

O PRAZO PARA SOLICITAR PROBA DE ACCESO A 2º, 3º, 4º DE GRAO ELEMENTAL E 2º, 3º, 4º, 5º, E 6º DE GRAO PROFESIONAL SERÁ do 15 ao 30 de XUÑO.

DE SER O CASO, AS PROBAS REALIZARÍANSE NA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO.

Para solicitar praza deberedes enviar o seguinte impreso (en Word)(en PDF) cuberto ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.es

 

Son probas extraordinarias e non saen prazas ofertadas en todos os instrumentos.

 

As probas para 2º, 3º e 4º de elemental constarán de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:

  1. Interpretación, no instrumento da especialidade á que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
  2. Exercicio teórico-práctico para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.

Cada un dos exercicios cualificaranse de 1 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un.
A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:

  • Proba de interpretación instrumental: 60%
  • Proba de linguaxe musical: 40%

Se precisas máis información das materias na páxina web do centro podes consultar as programacións didácticas dos distintos departamentos: https://www.conservatoriomanuelquiroga.gal/programacions-didacticas/