1º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
RESULTADO DAS PROBAS DE ACCESO A 1º CURSO DE GRAO ELEMENTAL
No seguinte enlace podedes consultar a cualificación dos tribunais de acceso que se levaron a cabo o 30 e 31 de maio : RESULTADOS
PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: do 1 ao 7 de xuño (ás 14h) , segundo o seguinte modelo
ALUMNOS EN LISTA DE ESPERA (L.E.): Os alumnos que se atopen en L.E. poderán ser chamados durante o mes de xuño no caso de que queden prazas vacantes no seu instrumento.
VACANTES DE 2º OPCIÓN: No caso de non resulte chamado pola súa lista de espera poderá optar ás prazas vacantes que resten noutras especialidades. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda na especialidade pola que optara na proba de acceso. Esta elección realizarase nun acto no auditorio de Conservatorio que terá lugar o xoves 30 de xuño ás 19 horas. Mais información aquí: Enlace
Matrícula do alumnado admitido (1º elemental)
Os alumnos que superaran a proba de acceso e obtiveran praza poderán facer efectiva a matrícula entre o 8 e o 10 de xuño, seguindo os seguintes pasos:
1º.- Leer estas instrucións: INSTRUCIÓNS
2º.- Cubrir o seguinte impreso de matrícula: IMPRESO
(só no caso de fraccionar o pago da matrícula, deberedes tamén cumprimentar este outro impreso: impreso_2ºprazo
3º.- Realizar o pago. Seguindo os pasos que se mostran no seguinte titorial: TITORIAL
4º.- Entregar a documentación, preferentemente por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal), poñendo no asunto “Matrícula: nome do alumno” ou presencialmente na secretaría do centro entre as 9 e as 14h.
5º.- Cumprimentar enquisa de horarios. Para a elaboración de horarios é importante que cumprimentedes unha enquisa sobre o horarios que cursen no colexio ou IES no seguinte enlace: ENQUISA
Podedes consultar INFORMACIÓN XERAL sobre o 1º curso de GRAO ELEMENTAL no seguinte enlace: INFORMACIÓN
Información Xeral sobre o Grao Elemental: Pinchar aquí
Prazos e datas de interese do acceso ao Grao Elemental: clicar aquí
Oferta de prazas e inscritos
Podedes consultar as prazas ofertadas para cada especialidade e grao, así como o número de inscritos en cada unha, no seguinte enlace: Táboa de prazas e inscritos
Tribunais (inscritos, datas e horas das probas)
As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental realizaranse o 30 e o 31 de maio.
Podedes consultar o listado dos aspirantes inscritos clicando no seguinte enlace: LISTAXE DE INSCRITOS
A información relativa aos tribunais están no seguinte enlace: TRIBUNAIS ELEMENTAL
IMPORTANTE: Os/as aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.
Información orientativa sobre as probas:
– Información relativa ás probas de acceso para 1º curso de grao elemental: Procedemento de ingreso 1º curso Elemental 2022