PRESENTACIÓNS DO GRAO PROFESIONAL | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

NORMAS XERAIS

 

Debido a actual situación relacionada co Covid-19, para evitar aglomeración de xente no centro,  todas as presentacións serán de xeito telemático (vía telefónica) para todas as materias que se imparten de xeito individual (instrumento, piano complementario e repentización), excepto as presentacións de música de cámara e conxunto que serán de forma presencial o martes 21 a partir das 19:30 horas.

No caso das materias teóricas (linguaxe, harmonía, historia, análise,…)  e agrupacións (orquestra/banda, coro,…) a presentación farase directamente o primeiro día de clase.

Para a elección de horario de instrumento, cada profesor/a chamará aos alumnos o mércores 22 en horario de tarde, entre as 16:00h e as 19:00h de forma individual e pola orde establecida segundo os criterios aprobados polo claustro e consello escolar.

 

 

  • A elección do horario individual farase dentro do mesmo curso por idade (empezando polos menores) e dentro da mesma idade segundo a letra  establecida administrativamente para o ano 2021 (letra  “W”, segundo resolución do 25 de febreiro de 2021 da D.X. de Centros e Recursos Humanos) ).

 

  • Orden de prioridade para escoller o horario de instrumento será:

 

1º. De 1º a 4º de Grao Elemental (por curso e idade)
2º. 6º e 5º de Grao Profesional (por curso e idade)
3º. De 1º a 4º de Grao Profesional (por curso e idade)

 

  • No caso de que o profesor/a non puidese contactar co alumno/a ou familia a través dos teléfonos facilitados ao centro perderá o dereito de preferencia na elección de horario e pasará ao final do listado, sendo ubicado polo profesor/a ou Xefe de Departamento, no seu defecto, dentro do horario semanal correspondente.

 

  • Para a elección de horarios nas materias de Música de Cámara e Conxuntos, comezarán a escoller os alumnos de 6º e 5º curso e despois de 1º a 4º. Para os grupos de Conxunto de piano, terán prioridade de elección os alumnos de 4º e logo, de 1º a 3º cursos.

 

  • Se hai un grupo con membros de distinto curso, elixirán polo curso máis baixo.

 

  • As presentacións das materias teórico-prácticas, así como agrupacións faranse directamente nos horarios asignados ao comezar o curso.

 

 

 

 

MARTES, 21 DE SETEMBRO

 

GRAO PROFESIONAL: MÚSICA DE CÁMARA E CONXUNTO

Presenciais a partir das 19:30 horas na aula indicada no recadro:

 Consultar aquí

 

 

 MÉRCORES, 22 DE SETEMBRO

 

GRAO PROFESIONAL: CLASES INDIVIDUAIS DE INSTRUMENTO (e Repentización de Clave, Guitarra, Acordeón e ICPRB)

CURSO HORARIO
 

16:00-19:00 horas

(de xeito telemático)

 

 

GRAO PROFESIONAL: REPENTIZACIÓN DE PIANO E PIANO COMPLEMENTARIO

(A partir das 19:30 horas de xeito telemático, vía telefónica)

 

 

 

 

LEMBRADE CONSULTAR AS LISTAS DE CLASE DEFINITIVAS E A ASIGNACIÓN DE PROFESOR QUE SAIRÁN PUBLICADAS O DÍA 20 NO SEGUINTE ENLACE: LISTAS PROFESIONAL

COMEZO DAS CLASES: XOVES 23 DE SETEMBRO