PRESENTACIÓNS DO GRAO ELEMENTAL | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

VENRES, 2 DE OUTUBRO

GRAO ELEMENTAL – CLASES INDIVIDUAIS DE INSTRUMENTO

CURSO HORARIO
A partir das 16:00 Horas

NORMAS XERAIS

 Debido a actual situación relacionada ca Covid-19, para evitar aglomeracións de xente no centro,  todas as presentacións serán de xeito telemático (vía telefónica).

Cada profesor/a chamará aos alumnos en horario de tarde, entre as 16:00h e as 19:00h de forma individual e pola orde establecida segundo os criterios aprobados polo claustro e consello escolar (consultar orde de prioridade mais abaixo).

É IMPORTANTE QUE NO  CASO DAS MATERIAS CON DOCENCIA SEMIPRESENCIAL SE RESPETE O HORARIO COMPLETO. NON SE PERMITE COLOCAR NINGUNHA MATERIA NO LUGAR DAQUELES DÍAS NON PRESENCIAIS DE LINGUAXE MUSICAL. Esta norma é importante respetala por si nalgún momento temos que volver a docencia presencial nos dous días da materia.

  • A elección do horario individual farase dentro do mesmo curso por idade (empezando polos menores) e dentro da mesma idade segundo a letra  establecida administrativamente para o ano 2020 (letra  “T” ).
  • Orden de prioridade para escoller o horario de instrumento será: 
1º. De 1º a 4º de Grao Elemental (por curso e idade)
  • No caso de que o profesor/a non puidese contactar co alumno/a ou familia a través dos teléfonos facilitados ao centro perderá o dereito de preferencia na elección de horario e pasará ao final do listado, sendo ubicado polo profesor/a ou Xefe de Departamento, no seu defecto, dentro do horario semanal correspondente. 
  • As presentacións das materias de Linguaxe e EAV faranse directamente nos horarios asignados ao comezar o curso.

 

LEMBRADE CONSULTAR AS LISTAS DE CLASE E A ASIGNACIÓN DE PROFESOR NO SEGUINTE ENLACE: LISTAS ELEMENTAL

COMEZO DAS CLASES: VENRES 9 DE OUTUBRO