PRESENTACIÓN DO GRAO ELEMENTAL | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

MARTES, 21 DE SETEMBRO

 

GRAO ELEMENTAL – CLASES INDIVIDUAIS DE INSTRUMENTO

 

CURSO HORARIO
16:00-19:00 Horas

( de xeito telemático)

 

NORMAS XERAIS

 

Debido a actual situación relacionada co Covid-19, para evitar aglomeración de xente no centro,  todas as presentacións serán de xeito telemático (vía telefónica)  para todas as materias que se imparten de xeito individual (instrumento).

No caso das materias teóricas a presentación farase directamente o primeiro día de clase.

Cada profesor/a chamará aos alumnos o martes 21 de setembro en horario de tarde, entre as 16:00h e as 19:00h de forma individual e pola orde establecida segundo os criterios aprobados polo claustro e consello escolar.

 

 

  • A elección do horario individual farase dentro do mesmo curso por idade (empezando polos menores) e dentro da mesma idade segundo a letra  establecida administrativamente para o ano 2021 (letra  “W”, segundo resolución do 25 de febreiro de 2021 da D.X. de Centros e Recursos Humanos) ).

 

  • Orden de prioridade para escoller o horario de instrumento será:
1º. De 1º a 4º de Grao Elemental (por curso e idade)
  • No caso de que o profesor/a non puidese contactar co alumno/a ou familia a través dos teléfonos facilitados ao centro perderá o dereito de preferencia na elección de horario e pasará ao final do listado, sendo ubicado polo profesor/a ou Xefe de Departamento, no seu defecto, dentro do horario semanal correspondente.

  

  • As presentacións das materias teórico-prácticas (linguaxe, EAV) faranse directamente nos horarios asignados ao comezar o curso.

 

 

 

LEMBRADE CONSULTAR AS LISTAS DE CLASE DEFINITIVAS E A ASIGNACIÓN DE PROFESOR QUE SAIRÁN PUBLICADAS O DÍA 20 NO SEGUINTE ENLACE: LISTAS ELEMENTAL

 

 

COMEZO DAS CLASES: XOVES 23 DE SETEMBRO