O pasado venres, 16 de xuño, publicouse no DOG a Orde do 2 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23.

 

O alumnado interesado en participar deberá cumprir os seguintes requisitos:

       1.-    Ter finalizado as ensinanzas profesionais de música no curso 2022-2023 en centros públicos ou privados autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia

       2.-    Ter unha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais.

 

Podedes consultar máis información (prazos e documentación a entregar) no texto íntegro da orde no seguinte arquivo:  Orde do 2 de xuño de 2023