O alumnado que non acadara praza na especialidade pola que tivera optado, e non resultase chamado pola lista de agarda, poderá optar ás prazas vacantes noutras especialidades. A adxudicación destas vacantes farase segundo a puntuación acadada na proba de acceso. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda.
O acto de elección terá lugar o xoves 29 de xuño, ás 19 horas no auditorio do centro.
Podedes consultar a orde da lista de agarda no seguinte enlace: Lista de espera 1º grao elemental
LISTADO DE VACANTES OFERTADAS
Podedes consultar as vacantes ofertadas por cada especialidade na seguinte Táboa de prazas ofertadas
MATRÍCULA
Os admitidos deberán matricularse o venres 30 de xuño seguindo os pasos para a matrícula de 1º de Elemental: Matrícula Elemental