No curso 2021/22 os centros educativos galegos deberán iniciar as primeiras fases de elaboración do seu Plan Dixital, cunha análise e diagnose de debilidades, ameazas e fortalezas, para finalmente a súa aprobación definitiva polo Consello escolar ao remate deste curso, de maneira que o documento sexa de aplicación efectiva no curso 2022/23.

Dende o Equipo do Plan Dixital do CMUS Profesional Manuel Quiroga, informámosvos que dende o 3 ata o 20 de decembro, ambos os dous días inclusive, estase a desenvolver a fase de consulta á comunidade educativa a través de enquisas en liña que se achegarán polas vías de comunicación habituais.

A información recompilada, de carácter anónimo, servirá para trazar unha autodiagnose da situación dixital do centro, e servirá de reflexión e diálogo no seo da comunidade educativa para determinar as liñas de acción que se incluirán no Plan Dixital.