Jorge César Pérez, Percusión | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Jorge César Pérez, Percusión

Jorge Pérez

Nace en Elda (Alicante) en 1981, onde iniciouse de moi novo na “Asociación Músico Cultural Santa Cecilia de Elda” na especialidade de percusión.  Pouco despois trasladouse ó “Conservatorio Municipal de Villena”, onde o mestre José Castelló Rizo encouzaría a súa futura carreira.    Con 17 anos acabou o grao medio de percusión e música de cámara, con premio extraordinario. Participou na súa banda de música no período 1987-1989 obtendo 8 primeiros premios nos certames de bandas música máis importantes de Valencia, baixo a dirección do mestre Francisco Moral Ferri.

Dende 1996 é membro do grupo de percusión “Ensemble”, co  que realizou numerosas actuacións por tódala Comunidade Valenciana.

En 1997  obtén o título de Bachiller na modalidade Ciencias Mixtas e accede ó Conservatorio Superior de Alicante “Óscar Esplá” onde matricúlase co profesor Joan Iborra, onde terminaría, en 2001, o grado superior de música, obtendo o título de Profesor Superior de Música na Especialidade de Percusión, coas máximas calificacións.  De forma paralela ao Conservatorio, realizou a diplomatura en Educación Primaria, na especialidade musical, obtendo así o título de Mestre.

Participou en numerosas orquestras sinfónicas das que cabe destacar a JORVAL (Joven Orquestra Valenciana), na que actuou como percusionista solista, JONDE (Joven Orquesta de España), Orquestra Sinfónica de Alicante, Orquestra Filharmónica de Madrid, Orquestra Sinfónica de Madrid, Orquestra Filarmonía de Madrid, Orquestra Barroca Valenciana, Orquestra Filharmónica da Universidade de Alicante, Banda de Música de Pastrana, Banda Filharmónica de Altea, Orquestra sinfónica “Ciutat d’Elx”, etc…

A súa labor como percusionista solista tamén vese desenvolvida con numerosas actuacións interpretando a grandes compositores da percusión como:  I. Xenakis, Keiko Abe, Siegfried Fink, Minoru Miki,  Nebojsa  Jovan Zivkovic, etc…  Participou como solista en Ciclos de concertos, Veladas Musicais, Concertos didácticos, Espectáculos de percusión, etc.. por todo o territorio nacional.

Paralela a súa formación técnica, potenciou a súa faceta pedagóxico-didáctica sen escatimacións, especializándose en la metodología Jos Wuytac (discípulo de Karl Orff) Ademais de varios cursos didácticos: Procedimientos y recursos metodológicos en la Educación Musical”, La evaluación Educativa a partir de la LOGSE, Curso de Adaptación Pedagógica, Programación Didáctica.  Unidad Didáctica como base de programación en el aula, El niño y el adolescente necesitados de atención educativa preferente. Coma culminación deste proceso pedagóxico obtivo o Diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Vigo (2005), ademáis de 12 publicacións relacionadas coa percusión e coa pedagoxía, na editorial EDA.

Durante o curso 2000-2001 foi  bolseiro da Universidade de Alicante como ferramenta avaliadora nunha investigación musical, concluindo dicha investigación en forma de Comunicación e no Primer Premio “Igualdad de Oportunidades”, celebrado polo  departamento de didácticas especiais e facendo ponencias pola Comunidad Valenciana en diversas “comunicacións”.

Recibiu clases dos más ilustres concertistas e pedagogos de la percusión del panorama actual como son: N. Woud, Ali N’Diaye Rose, L. H. Estevens,  Alfred R.,  Paco Baeza, Emilio C., Mike Schäperclaus, Herman Rieken, Diego Espinosa, Nick Wood, Nancy Zelman, Cesar Péris, Lorenzo Ferrándiz, Jan Putjens (que en paz descanse), Bogdan Bacanu (discípulo de Keiko Abe), Juanjo guillén, Joseph Vicent Faus, Katarzyna Mycka.

No ano 2002 realizou o curso de Postgraduado de Percusión en Amsterdam Percussion Group, baixo a tutela de Josep Vicent.  Froito desta influencia foi a creación de OMAR PERCUSSION GROUP no 2006, tivendo un gran éxito nacional e internacional: 2 premios nacionais polo Ministerio de Cultura (2006 e 2007) ao mellor grupo musical na categoría “Músicas del Mundo”, participación na Convencion Internacional de Percusión de Taipei no 2011; actuación nas principais teatros e salas de España: Círculo de Bellas Artes de Madrid, Teatro Galicia, Caixanova, Auditorio Nacional, etc… ofrecendo uns 20 espectáculos ao ano dende 2006.

No 2007 fixo o Máster de Percusión Africana en Dakar, baixo a tutela de Ali’ N’Diaye Rose.

Como ponente ten feitas moi diversas actividades como por exemplo:

  • Cursos de “Percusión en Grupo” para alumnos/as dende o 2005 ata a actualidade.
  • Cursos Internacionais de Percusión, no ámbito da orquesta clásica, dende o 2009 ata a actualidade.
  • Cursos de “Inteligencia Exitosa” e “Sociología” para a formación de profesores homologados por la Xunta de Galicia e polo Ministerio de Eduación dende o 2008 ata a actualidade. Nesta categoría posee una labor moi extensa na calidade de coordinador.
  • Cursos de “Música Africana” para a formación de estudantes da Universidade de Vigo, Pontevedra e Ourense, dende o 2005 ata a actualidade.

Cabe destacar a súa capacidade como director artístico, musical e coordinador de actividades musicais:

  • Master Class de Percusión, Concerto de Percusión, Clausuras, Espectáculo de Percusión, Recitais, Conciertos Solistas de Percusión, Concierto Didáctico de Percusión       

Dende o ano 2003 e ata a actualidade é Profesor de Percusión no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga”, labor docente que compaxina coa docencia na Universidade de Vigo e os concertos estables de Omar Percussion Group.