NORMAS PARA A ENTREGA DE PARTITURAS
O profesor/titor proporcionará o material ó pianista acompañante e coordinará con este o repertorio a traballar.
Non se aceptarán partituras entregadas fóra de prazo.
Entregarase o repertorio a traballar ó principio de curso. No caso de ser necesario habilítanse prazos de revisión do repertorio. Estes cambios deben ser aceptados polo pianista e non entorpecer o funcionamento do Servizo.
O profesor/titor remitirá ó pianista acompañante unha relación de alumnos no que se especifique: nome, curso e repertorio a traballar por trimestres. E sta relación de obras será remitida tamén ó Xefe de Departamento de Piano Acompañante, quedando así constancia da entrega das partituras en tempo e forma.
Período de entrega de partituras:
– 26 de outubro de 2015: Entrega do traballo para todo o curso
– 18 de Xaneiro de 2016: Fin do prazo para a revisión do repertorio.
– 31 de Marzo de 2016: Fin do prazo de revisión para o terceiro trimestre.
(e-mail da Xefa de Departamento: leticiafolgar@edu.xunta.es)