MATRÍCULA CURSO 2023/2024

 

Alumnos matriculados no curso 2022/2023

Como xa fixemos o ano pasado, este curso vamos a realizar a matrícula de xeito telemático.

Entón, para confirmar a matrícula para o vindeiro curso tan só teredes que formalizar o pago e enviar o resgardo ao centro mediante Centrosnet e nos prazos establecidos para cada grao. Non teredes que pasar polo conservatorio nin a recoller o sobre nin a entregar ningunha documentación. Estas instrucións do procedemento de matrícula están tamén en Centrosnet.

 

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/2024 para cursos distintos de 1º:

O ALUMNADO CON TODAS AS MATERIAS SUPERADAS FARÁ A MATRÍCULA EN MAIO DESPOIS da entrega de notas, entre o 23 de maio e o 2 de xuño, segundo os prazos para cada grao.

 

O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES FARÁ A MATRÍCULA EN XUÑO DESPOIS DOS EXAMES DE RECUPERACIÓN, que serán na semana do 16 ao 21 de xuño segundo o calendario que se publicará nesta web.

GRAO ELEMENTAL:

de 2º a 4º curso do 23 ao 26 de maio (ás 14 horas). Titorial de pago (pinchar aquí)

Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que seguir os seguintes pasos:
       1. Entrar en Centrosnet
       2. Ir a General
       3. Entrar en Mensajes, noticias y archivos
       4. Clicar en Enviar mensaje. Eleximos Secretaría e pichamos en Archivo. Buscamos o documento e damoslle a Subir e despois a Cerrar.
       5. En Asunto poñeremos: apelidos e nome do alumno/a e o curso.
       6. No corpo de mensaxe poderedes indicar os cambios nos datos persoais (teléfono, email, …), no caso de habelos.
       7. Darlle a Enviar. Recibiredes confirmación unha vez tramitada a matrícula.

–> IMPORTANTE: co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte enquisa antes do 26 de maio: Enquisa Horarios Elemental
Os horarios provisionais das clases de grupo sairán publicados a primeira semana de xullo. Permanecede atentos á esta web.

*Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto coa secretaría do centro, de 9 a 14 horas, no teléfono 886151546 ou no email: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal

 

 

GRAO PROFESIONAL:

2º a 6º curso, do 29 de maio ao 2 de xuño (ás 14  horas). Titorial do pago (ver aquí)

Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que entrar en Centrosnet (Como entrar en Centrosnet) e enviarnos unha mensaxe na que adxuntedes o resgardo da taxa. Se sodes solicitantes de bolsa teredes que enviar resgardo da solicitude. 

–> IMPORTANTE co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte enquisa antes do 2 de xuño: Enquisa Horarios Profesional
Os horarios provisionais das clases de grupo (teóricas) sairán publicados a primeira semana de xullo. Permanecede atentos á esta web.

    

*SEXTO CURSO: Os alumnos terán que elexir un itinerario e unha optativa, que farán constar na mensaxe  (Centrosnet) co envio da taxa. Consultar Listado de Itinerarios e Optativas, Resume dos itinerarios e Resume das Optativas

 

 

*Podes consultar os materias que se imparten nos distintos cursos segundo o instrumento na páxina web :  Planos de estudos

*Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto coa secretaría do centro, de 9 a 14 horas, no teléfono 886151546 ou no email: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal