Alumnos matriculados no curso 2021/2022
Como xa fixemos o ano pasado, este curso vamos a realizar a matrícula de xeito telemático.
Entón, para confirmar a matrícula para o vindeiro curso tan só teredes que formalizar o pago e enviar o resgardo ao centro mediante Centrosnet e nos prazos establecidos para cada grao. Non teredes que pasar polo conservatorio nin a recoller o sobre nin a entregar ningunha documentación. Estas instrucións do procedemento de matrícula están tamén en Centrosnet.
PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023 para cursos distintos de 1º:
– O ALUMNADO CON TODAS AS MATERIAS SUPERADAS FARÁ A MATRÍCULA EN MAIO DESPOIS da entrega de notas, entre o 23 de maio e o 2 de xuño, segundo os prazos para cada grao.
– O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES FARÁ A MATRÍCULA EN XUÑO DESPOIS DOS EXAMES DE RECUPERACIÓN, que serán na semana do 13 ao 16 de xuño segundo o calendario publicado na web: Enlace aquí
GRAO ELEMENTAL: de 2º a 4º curso do 17 ao 20 de xuño (ás 14 horas). Titorial de pago (pinchar aquí)
Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que seguir os seguintes pasos:
1. Entrar en Centrosnet
2. Ir a General
3. Entrar en Mensajes, noticias y archivos
4. Clicar en Enviar mensaje. Eleximos Secretaría e pichamos en Archivo. Buscamos o documento e damoslle a Subir e despois a Cerrar.
5. En Asunto poñeremos: apelidos e nome do alumno/a e o curso.
6. No corpo de mensaxe poderedes indicar os cambios nos datos persoais (teléfono, email, …), no caso de habelos.
7. Darlle a Enviar. Recibiredes confirmación unha vez tramitada a matrícula.
–> IMPORTANTE: co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte enquisa antes do 20 de xuño: Enquisa Horarios Elemental
Os horarios provisionais das clases de grupo sairán publicados a primeira semana de xullo. Permanecede atentos á esta web.
GRAO PROFESIONAL: 2º a 6º curso, do 17 ao 22 de xuño (ás 14 horas). Titorial do pago (ver aquí)
Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que entrar en Centrosnet (Como entrar en Centrosnet) e enviarnos unha mensaxe na que adxuntedes o resgardo da taxa. Se sodes solicitantes de bolsa teredes que enviar resgardo da solicitude.
–> IMPORTANTE: co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte enquisa antes do 22 de xuño: Enquisa Horarios Profesional
Os horarios provisionais das clases de grupo (teóricas) sairán publicados a primeira semana de xullo. Permanecede atentos á esta web.
*SEXTO CURSO: Os alumnos terán que elexir un itinerario e unha optativa, que farán constar na mensaxe (Centrosnet) co envio da taxa. Consultar Listado de Itinerarios e Optativas, Resume dos itinerarios e Resume das Optativas
*Podes consultar os materias que se imparten nos distintos cursos segundo o instrumento na páxina web : Planos de estudos
Se tedes dúbidas sobre o pago da matrícula enviade un email ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal ou chamade ao teléfono 886151545.