MATRÍCULA 2021/2022 | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Alumnos matriculados no curso 2020/2021

Como xa fixemos o ano pasado, este curso vamos a realizar a matrícula de xeito telemático.

Entón, para confirmar a matrícula para o vindeiro curso tan só teredes que formalizar o pago e enviar o resgardo ao centro mediante Centrosnet e nos prazos establecidos para cada grao. Non teredes que pasar polo conservatorio nin a recoller o sobre nin a entregar ningunha documentación. Estas instrucións do procedemento de matrícula serán enviadas por Tokapp e estarán tamén en Centrosnet.

 

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022:

 

O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES FARÁ A MATRÍCULA EN SETEMBRO DESPOIS DOS EXAMES DE RECUPERACIÓN
O ALUMNADO CON TODAS AS MATERIAS SUPERADAS TERÁ OS SEGUINTES PRAZOS:

GRAO ELEMENTAL: do 14 ao 17 de xuño. Titorial de pago (pinchar aquí)

Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que seguir os seguintes pasos:
       1. Entrar en Centrosnet
       2. Ir a General
       3. Entrar en Mensajes, noticias y archivos
       4. Clicar en Enviar mensaje. Eleximos Secretaría e pichamos en Archivo. Buscamos o documento e damoslle a Subir e despois a Cerrar.
       5. En Asunto poñeremos: apelidos e nome do alumno/a e o curso.
       6. No corpo de mensaxe poderedes indicar os cambios nos datos persoais (teléfono, email, …), no caso de habelos.
       7. Darlle a Enviar. Recibiredes confirmación unha vez tramitada a matrícula.

Ademais, co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte enquisa: Ver aquí

 

GRAO PROFESIONAL: do 21 ao 24 de xuño. Titorial do pago (ver aquí)

Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que entrar en Centrosnet (Como entrar en Centrosnet) e enviarnos unha mensaxe na que adxuntedes o resgardo da taxa. Se vades solicitar bolsa tan só tedes que enviarnos a mensaxe indicándonos que sodes bolseiros. 
      

*SEXTO CURSO: Os alumnos terán que elexir un itinerario e unha optativa, que farán constar na mensaxe  (Centrosnet) co envio da taxa. Consultar Listado de Itinerarios e Optativas, Resume dos itinerarios e Resume das Optativas

*BECARIOS: teredes que enviar un mensaxe por Centrosnet confirmando a vosa matrícula e a condición de bolseiro.

Achégase tamén información sobre as BOLSAS DE ESTUDOS

Ademais, co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte enquisa: Enquisa Horarios Profesional

 

*Podes consultar os materias que se imparten nos distintos cursos segundo o instrumento na páxina web :  Planos de estudos

 

–> Debido á situación actual e a realización de probas no conservatorio, recoméndase solicitar cita previa no caso de vir ao centro.

Se tedes dúbidas sobre o pago da matrícula enviade un email ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal ou chamade ao teléfono 886151545.