ALUMNOS DO CENTRO (renovación da matrícula)
Debido a excepcionalidade deste fin de curso vamos a reducir todos os trámites. Entón, para confirmar a matrícula para o vindeiro curso tan só teredes que formalizar o pago e enviar o resgardo ao centro mediante Centrosnet e nos prazos establecidos para cada grao. Non teredes que pasar polo conservatorio nin a recoller o sobre nin a entregar ningunha documentación. Estas instrucións do procedemento de matrícula foron enviadas por Tokapp e están tamén en Centrosnet.
PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/2021: EXTRAORDINARIO de SETEMBRO (Alumnado con materias pendentes)
GRAO ELEMENTAL: do 4 ao 7 de setembro. Titorial de pago (pinchar aquí)
Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que seguir os seguintes pasos:
1. Entrar en Centrosnet
2. Ir a General
3. Entrar en Mensajes, noticias y archivos
4. Clicar en Enviar mensaje. Eleximos Secretaría e pichamos en Archivo. Buscamos o documento e damoslle a Subir e despois a Cerrar.
5. En Asunto poñeremos: apelidos e nome do alumno/a e o curso.
6. No corpo de mensaxe poderedes indicar os cambios nos datos persoais (teléfono, email, …), no caso de habelos.
7. Darlle a Enviar. Recibiredes confirmación unha vez tramitada a matrícula.
GRAO PROFESIONAL: do 4 ao 7 de setembro. Titorial do pago (ver aquí)
Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que entrar en Centrosnet (Como entrar en Centrosnet) e enviarnos unha mensaxe na que adxuntedes o resgardo da taxa. Se vades solicitar bolsa tan só tedes que enviarnos a mensaxe indicándonos que sodes bolseiros.
*SEXTO CURSO: Os alumnos terán que elexir un itinerario e unha optativa, que farán constar na mensaxe (Centrosnet) co envio da taxa. Consultar Listado de Itinerarios e Optativas, Resume dos itinerarios e Resume das Optativas
*BECARIOS: teredes que enviar un mensaxe por Centrosnet confirmando a vosa matrícula e a condición de bolseiro, entre o 4 eo 7 de setembro.
Achégase tamén información sobre as BOLSAS DE ESTUDOS
*Podes consultar os materias que se imparten nos distintos cursos segundo o instrumento na páxina web : Planos de estudos
Se tedes dúbidas sobre o pago da matrícula enviade un email ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.es ou chamade ao teléfono 886151545.
De momento non recolleremos información sobre horarios xa que os calendarios de setembro de todos os centros educativos están pendentes.
Lembrade que o centro nestes momentos só atenderá ao público con cita previa.
AVISO IMPORTANTE: CIRCULARES INFORMATIVAS, NOTIFICACIÓN DE AUSENCIAS DE PROFESORADO, INFORMACIÓNS VARIAS…
Comunicámoslles que neste vindeiro curso 2020-2021, toda circular, información relativa ao funcionamento ordinario do centro, ausencias puntuais de profesores, etc, farase por medio da aplicación Tokapp (no teléfono/s que se aporta no impreso de matrícula). Pregamos, polo tanto, que comuniquen calquera incidencia ou cambio que se puidera dar no/s teléfono/s no que teñan instalado o tokapp, xa que este será o único medio de comunicación da información a partir deste curso.