DOCUMENTACIÓN NECESARIA (a incluír no sobre de matrícula):
- IMPRESO DE MATRÍCULA.
- IMPRESO DE LIQUIDACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS.
- CARNET DO CENTRO (e unha foto).
- 2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNET.
- AUTORIZACIÓN PARA A USO DE IMAXES DO ALUMNADO.
LIQUIDACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS: Decreto 156/2002 do 18 de abril (DOG. 3/05/2002)
CONCEPTO |
Grao Elemental |
Grao Profesional |
Matrícula curso completo | 90,00 € | 150,00 € |
Matrícula disciplinas soltas (PENDENTES) | 30,00 € | 45,00 € |
Servicios Xerais | 11,00 € | 11,00 € |
Inscripción por 1ª vez | 19,00 € | 19,00 € |
O importe da matrícula será a suma dos conceptos de curso completo, servicios xerais e ,no caso de apertura de expediente no centro, o de Inscripción por 1ª vez.
No caso de promocionar con materías pendentes deberán sumar o concepto de disciplinas soltas.
Os alumnos poderán liquidar a totalidade dos prezos públicos no momento de formalizar a matrícula, ou ben fraccionar o pagamento e dous prazos: 50% no momento de formalizar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En todo caso, deberá indicarse no impreso correspondente a opción elixida.
A falta de pagamento do segundo prazo dos prezos públicos producirá automaticamente a anulación da matrícula en tódalas disciplinas e suporá a perda das cantidades correspondentes ó primeiro prazo dos prezos públicos.
MODALIDADES DE MATRÍCULA GRATUITA OU BONIFICADA:
- Por matrícula de honra (Grao Profesional).
- Por beneficiario de familia numerosa.
- Funcionarios e persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (agás inscrición por 1ª vez e os servicios xerais).
- Os beneficiarios de bolsas ou axudas ó estudio (Grao Profesional).
NOTA IMPORTANTE:
NON SE ADMITIRÁ O SOBRE MATRÍCULA QUE NON CONTEÑA TODA A DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE OU QUE SE PRESENTE FORA DE PRAZO.