MASTERCLASS E CONCERTO DE CONTRABAIXO | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

O próximo día 7 de novembro terá lugar no conservatorio a primeira masterclass deste curso lectivo. Desta volta teremos a honra de desfrutar coa pedagoxía e coa música de Diego Zecharies, contrabaixo principal da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Para que vos fagades unha idea da entidade e da calidade de Diego, deixámosvos o seu currículum.

Diego Zecharies é un músico profesional profundamente dedicado á súa arte, que se deu a coñecer a nivel mundial como solista, contrabaixo principal, productor e pedagogo. Naceu en Montevideo, Uruguai, e reside actualmente en España.

Comezou os seus estudos na súa cidade natal, continuándonos en Xerusalén e graduándose coa máis alta calificación na UDK Berlín (Universidade de Berlín) baixo a dirección do Prof.: Rainer Zepperitz, Prof. Klaus Stoll e Prof. De violín Ilan Gronich. Paralelamente tocou como primeiro contrabaixo na Mahler Jugend Orchester, na Junge Deutsche Philarmonie e na Orquesta Mundial de Juventudes Musicales. Gañou a Friczay Stipendium ofrecida pola Deutsche Symphonie Orchester Berlin e colaborou como substituto na Symphonie-Orchester Berlin.

Diego foi nomeado primeiro contrabaixo nas seguintes orquestras: Mahler-Chamber Orchestra, Orquesta bandArt, Sinfónica de Brandeburgo, Philharmonie Potsdam e a Sinfónica di Milano. Tamén foi convidado como contrabaixo principal pola Orquesta della Svizzera Italiana (Lugano, Suiza) e polo Ensemble Les-Dissonances (París) xunto ao violinista David Grimal. Colaborou coa Filarmónica de Israel, Orquesta de Cámara de Jerusalén e a Orquesta del Festival de Lucerna gravando baixo a batuta do mestre C. Abbado numerosos concertos para ARTE e para a Deutsche Grammophone.

Ofreceu concertos de música de cámara con Emmanuel Ax, Christian Zacharias e Elizabeth Leonskaya, concertos sinfónicos con grandes mestres como Mehta, Maazel, Abbado, Nagano, Ashkenazy, Temirkanov, Pappano, Sinopoli, Ozawa, Welzer Most, con grandes solistas como Yo-Yo Ma,Yuri Bashmet, Anna Sophie Mutter, F.P. Zimmerman, Martha Argerich, Alfred Brendel, Maurizio Pollini, Gordan Nikolic e outros, seempre realizando función de contrabaixo principal.
Diego fue nomeado contrabaixo Principal na Orquestra Sinfónica de Galicia no ano 2002, posto que mantén ata hoxe.

Recoñecido coma un activo solista e sendo un apaixoado polas posibilidades tímbricas do contrabaixo, a constante investigación de Diego levouno a realizar varios estrenos mundiais. Diego ofrece concertos frecuentes incluíndo recitais a contrabaixo solo como na Convención BASSEUROPE en Amsterdam 2014 e ISB World Convention de 2015 en Denver (EE.UU.) con gran recoñecemento por parte do público. Diego actuou como solista coa Orquestra de cámara da Sinfónica de Galicia, coa Camerata do Ministerio de Educación y Cultura de Montevideo, coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a OJS de Montevideo, a Orquesta de Baja California, México, entre outras.
Foi o único artista convidado a dar o concertó inaugural da cátedra de Cultura de paz e Dereitos Humanos da UNESCO cun recital de contrabaixo solo no marco do Foro Mundial da Paz 2010.

Diego impartiu clases maxistrais en Europa, Sudamérica e Corea do Sur e foi asignado como preparador en numerosas orquestras xuvenís en toda España e Alemaña, e recentemente foi nomeado Director do Festival Internacional de contrabaixo de Montevideo y Director de la Cátedra de Contrabajo del Plan Nacional de Formación Orquestal del Uruguay. Esta cátedra prevé un mínimo de 3 seminarios con recitales e clases maxistrais semanais virtuais durante todo o ano, ademais dun festival internacional cada dous anos.
En España, Diego é o director artístico do “Proyecto ReSuena”, que ten como obxectivo principal a reinserción social da infancia y da xuventude en situación de risco e exclusión a través dun modelo ético, pedagóxico, ocupacional e artístico como o é a ensinanca e práctica colectiva da música.

Masterclass Diego Zecharies