INTERCAMBIO CALOUSTE GULBENKIAN | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Un ano máis, a xa vamos pola oitava edición, o CMUS “Manuer Quiroga” participa no intercambio co conservatorio Calouste Gulbenkian da cidade portuguesa de Braga, Un centro de ensinanza integrada e que se caracteriza por unha alta calidade no seu traballo, polo que para nós é unha experiencia o feito de poder participar neste intercambio.

Deixámosvos o cartel do concerto para que o anotedes nas vosas axendas!

Intercambio Braga 2016