INFORMACIÓN SOBRE HORARIOS | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Estimadas familias:

Tendo en conta que os distintos centros de ensino están sufrindo cambios nos seus horarios e datas de comezo, este curso o noso calendario de publicación de grupos tamén se vai retrasar.

Previsiblemente a semana do 21 publicaremos os horarios provisionais do grao elemental. 

En canto ao profesional sairán a partir do 25, xa que estamos pendentes dos institutos que impartirán clase polas tardes.

Mentras tanto e para ir recollendo información, pregámosvos que nos cumprimentedes a seguinte enquisa sobre os horarios do centro no que realicedes os estudios oficias (poñede atención en escribir primeiro os apelidos e logo o nome nos datos do alumno/a):

Enquisa Horarios Profesional

Prestade especial atención os alumnos de Bacharelato en poñernos os horarios definitivos, unha vez consultados cos vosos institutos respectivos, xa que precisamos saber cantos de vós teredes clase tódalas tardes e valorar aquí posibles opcións.

*No caso de que o día que se peche a enquisa aínda non dispoñades dos horarios definitivos facedeo constar en observacións.

O prazo para enviala será ata o 23 de setembro para o grao profesional.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.