Publicación das listas de horarios para o curso 2022/2023
–> MARTES, 5 de XULLO: Listaxes provisionais
O martes 5 de xullo sairon publicados os horarios e grupos das materias non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, itinerarios e optativas (6º). Tamén sairán publicados os horarios e as listaxes das agrupacións do grao profesional: Bandas, Ensembles, Orquestras e Coro
Prazo para peticións de cambio de grupo: desde o momento da publicación, ata o día 7 de xullo. Os listados definitivos, cos cambios concedidos no seu caso, sairán publicados o martes, 12 de xullo a partir das 15 horas.
–> MARTES, 12 de XULLO: Listaxes definitivas