Este curso a entrega de boletíns coas cualificacións finais será presencial e terá lugar mañá venres, 20 de maio no seguinte horario:
- Grao Elemental: de 18 a 19h.
- Grao Profesional: de 19 a 20h.
Os alumnos deberán dirixirse á aula do seu profesor de instrumento para recoller o boletín. Tamén estarán á vosa disposición os profesores doutras materias para atender as consultas que poidan xurdir.
Podedes consultar as aulas nas que estarán cada un dos profesores no seguinte documento: Consultar aquí a aula
Xa podedes consultar tamén as notas en Centrosnet.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS
O prazo para as posibles reclamacións ás cualificacións finais será do 23 ao 27 de maio (ás 14h). Cubrindo o formulario correspondente que podedes recoller na conserxería ou descargar a continuación:
Reclamación de Grao Elemental: Descargar aquí
Reclamación de Grao Profesional: Descargar aquí