Este curso a entrega de boletíns coas cualificacións finais será presencial e terá lugar o xoves, 18 de maio no seguinte horario:

  • Grao Elemental: de 18 a 19h.
  • Grao Profesional: de 19 a 20h.

Os alumnos deberán dirixirse á aula do seu profesor de instrumento para recoller o boletín. Tamén estarán á vosa disposición os profesores doutras materias para atender as consultas que poidan xurdir.

Poderedes consultar as aulas nas que estarán cada un dos profesores no seguinte enlace (pinchar aquí)

Xa podedes consultar tamén as notas en Centrosnet.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓNS

O prazo para as posibles reclamacións ás cualificacións finais será do 19 ao 25 de maio (ás 14h). Cubrindo o formulario correspondente que podedes recoller na conserxería ou descargar a continuación:

Reclamación de Grao Elemental: Descargar aquí

Reclamación de Grao Profesional: Descargar aquí