Estimadas familias:
Comunícase que, seguindo instruccións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para reducir a mobilidade entre a poboación, a docencia pasará a ser virtual dende o mércores 27 de xaneiro ata o 19 de febreiro.
Durante este período de tempo a docencia levarase a cabo de xeito online, a través de WEBEX e/ou da AULA VIRTUAL do centro.
Entendemos que esta situación precisa un tempo de organización (material, horarios, etc), polo que ao longo desta semana o profesorado irase poñendo en contacto con vós (mediante Tokapp, email, etc) para indicarvos o comezo e a modalidade da actividade. Consultade tamén a aula virtual, sobre todo nas materias de grupo. Deste xeito o luns, día 1 de febreiro, como moi tarde, deberían iniciarse as clases telemáticas.
Nestas datas o conservatorio permanecerá aberto pero só para o persoal, polo que non se poderá solicitar cabina de estudo nin vir a ensaiar ao centro.
Para contactar con nós podedes usar o teléfono 886151545 ou ben o correo: cmus.pontevedra@edu.xunta.es.
Permanecede atentos ao Tokapp e á nosa páxina web para mais novas.
Un saúdo,
A dirección