DISOLUCIÓN DA ANPA | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Estimadas familias:

Despois da última reunión extraordinaria da ANPA Mestre Quiroga, o secretario da asociación comunícanos a súa disolución por falta de candidaturas para suceder á actual presidenta. 

Esta situación deixará temporalmente ao Consello Escolar sen representación das familias.

Segundo nos transmiten dende a ANPA, a falta de socios suficientes dificultou soster economicamente esta organización e afrontar os gastos mínimos (seguro de responsabilidade civil, seguro protección de datos, comisións bancarias, asesoría, taxas, consumibles…). Neste curso académico houbo unicamente 20 socios abonados (o que representou aproximadamente un 3% do total de matriculados no conservatorio). Esta falta de acollida polas familias do alumnado, mermou a capacidade organizativa e dinamizadora da ANPA.

No caso de que algún pai/nai estivese interesado en crear unha nova asociación deberá pórse en contacto con esta dirección.

Un saúdo,

Paula Castro