CURSO INICIACIÓN AO JAZZ PARA INSTRUMENTOS DE CORDA FROTADA | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Os días 1 e 2 de Decembro entre as 16.00 e as 19:00 horas terán lugar as dúas primeiras sesións do curso de Jazz e Música Moderna para instrumentos de corda frotada que terá lugar ao longo do curso 2016-17 no CMUS Manuel Quiroga (Pontevedra) e que impartirá o violinista Ismael Cabaleiro.

O curso consta de 6 sesións, as dúas primeiras serán en decembro e o resto dividiránse entre Febreiro e Abril.
O prezo total do curso é de 20 euros e cubre as 6 sesións.
Durante o curso traballarase:
-Diferentes formas de traballar a técnica do chop.
-Como estudar standards de jazz e como improvisar sobre eles.
-Como improvisar dentro de distintos tipos de música (blues, rock, pop)
-Como desarrollar o tempo e o ritmo (diferentes partes do 4/4, 7/4, 5/4)
-Como educar a voz e o oído mediante o estudo do violín (cantar mentras tocamos)
-Comenzar a compoñer
O obxectivo principal do curso e perder o medo escénico, mellorar o ritmo e a afinación de forma lúdica,perder o medo a improvisar, cambiar o concepto de ben ou mal dentro do ámbito musical.
En función do número de persoas inscritas e de como funcione o grupo poderase afondar máis ou menos dentro de cada aspecto.

A matrícula realizarase directamente na primera das sesións falando co coordinador da actividade Xacobe Lamas. Se tes calquera dúbida contacta con nós para máis información a través de calquera das redes sociais do Conservatorio (Facebook, Twittter ou Instagram)

Curso iniciación ao Jazz instrumentos de corda frotada