CONSULTA DAS NOTAS DA 3ª AVALIACIÓN | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

NOTAS DA AVALIACIÓN FINAL DE XUÑO 

 

Lembrade que, ao igual que na avaliación anterior, non se entregarán papeletas, polo que non hai que acudir ao centro a recoller as notas.

As notas poden consultarse mediante Centrosnet, dende o día 4 de xuño. Podedes entrar a través do seguinte enlace: CENTROSNET.

Tamén tedes dispoñibles en Centrosnet os informes de avaliación negativa das materias non superadas, entrando no panel de mensaxes (pinchar no sobre da esquina superior dereita).

 

Esa mesma tarde, do día 4, estableceremos dúas franxas horarias, unha para elemental e outra para profesional,  nas que o profesorado atenderá de xeito presencial aos pais/nais e alumnado que o necesiten.
 
Grao elemental: 17:00 a 18:00h

Grao profesional: 18:00 a 19:00h

 

 

Aquí tedes o resume dos pasos para entrar en Centrosnet:

1º) Introducides o nº de expediente
2º) O DNI sen letra do alumno/a
3º) Contrasinal persoal, que creachedes ao darvos de alta na aplicación a primeira vez que entrachedes.

 

Senon recordades o contrasinal tedes que recuperalo seguindo estas indicacións:

1) Na pantalla de introducir os datos (CENTROSNET) pulsades en “Recordar Password“, abaixo de todo.

2) Ahí poñedes o DNI ou número de expediente do alumno/a e enviarán unha mensaxe de activación ao correo que consta na matrícula. Dese xeito podedes crear unha nova contrasinal.