III Concurso de propostas da comunidade educativa | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

O Orzamento do CMUS Manuel Quiroga reservou neste exercicio de 2020 unha partida de 10.000 € para as propostas da comunidade educativa. Esta pode propor proxectos de investimento que serán avaliados pola Comisión Económica e, finalmente, votados no Consello Escolar.

Resolución do concurso: Ver aquí

Quen pode participar?

Todos os membros do Claustro, o PAS, o alumnado de Grao Profesional maior de 14 anos e os pais/nais/titores do alumnado dos graos Elemental e Profesional poden achegar propostas.

Cómo participar?

As propostas deberán ser enviadas ao correo electrónico do centro, cmus.pontevedra@edu.xunta.gal, usando o formulario anexo xunto cunha copia do DNI e a documentación adicional que consideren oportuna. As propostas poderán tamén ser presentadas en nome de colectivos como, por exemplo, os departamentos.

Formulario de proposta

Fomulario de proposta (pdf)

Prazos

O prazo de presentación de propostas será do 2 ao 22 de xuño de 2020, ambos incluidos.