COMUNICADO URXENTE: ENSINO PRESENCIAL (1 de marzo) | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Estimadas familias,

O reinicio da actividade lectiva presencial no centro será este luns 1 de marzo, agás para as actividades que impliquen a utilización de instrumentos de vento e/ou exercicios de canto, que, tal e como se establece na Orde do 25 de febreiro de 2021 publicada no DOG de onte, continuarán realizándose de forma telemática.

Así, as materias de Instrumento de Frauta de Bico, Frauta traveseira, Clarinete, Óboe, Fagot, Saxofón, Tuba, Trombón, Trompa, Trompeta, Canto, Coro, Banda, Cámara e Conxunto (con integrantes destes instrumentos anteriormente citados), e outras agrupacións que impliquen a utilización de instrumentos de vento ou canto seguirán impartíndose de maneira non presencial.

Entendendo que un alumno non pode estar de maneira presencial no centro para unha clase teórica e á hora inmediatamente seguinte ou anterior no seu domicilio para unha clase de instrumento, os titores poranse en contacto co alumnado e as familias para intentar buscar alternativas a esa situación.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo