CIRCULAR INFORMATIVA: CURSO 2020/2021 | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Informámosvos de que xa podedes facervos socios da ANPA Mestre Quiroga do Conservatorio.

Para nós é importante a vosa colaboración e axuda para poder levar a cabo as diferentes actividades que temos pensado para o curso 2020/21 como son, por exemplo, continuar coa adquisición de partituras para o pase de grao, ou a colaboración cos cursos organizados polo profesorado e que complementan a formación recibida no conservatorio, entre outras.

Achegamos circular con máis información e folla de inscrición: Ver aquí

Calquera proposta, suxestión ou idea para o mellor funcionamento da asociación, podedes enviala a través da conta de correo: anpamq@gmail.com

Agradecemos a vosa colaboración!