Centrosnet é a aplicación que usará o centro a partir deste curso para comunicarse co alumnado e familias.

Ademais de ver as notas de cada avaliación, tamén poderedes consultar ás faltas de asistencia, o horario e outros datos de interese, como xa viñades facendo en anteriores cursos.

 

 

Instrucións para a primeira vez que se accede á plataforma (ver aquí o titorial):

1.  Entre no menú de CMUS Virtual > Centrosnet dende a nosa páxina web ou no enlace: Centrosnet

2.  No Usuario, escriba o seu número de expediente (que vos enviamos no momento da matrícula ou nos listados de clase);

3.  No Contrasinal, introduza o seu número de DNI sen a letra. No caso de non ter DNI introduza a súa data de nacemento no seguinte formato: DDMMAAAA (Ex. 23021986).

4. O seguinte paso será darlle a ENTRAR e apareceranos a seguinte ventá solicitando:

1º) A creación dun novo contrasinal de acceso de 6 a 10 caracteres.

2º) Repetiremos o contrasinal do punto 1º.

3º) Unha dirección de correo que por defecto porá a que se nos facilitou no proceso de inscrición. Este correo pódese cambiar, xa que soamente será para poder xerar un novo contrasinal en caso de esquecemento.

4º) Neste último paso picaremos en ENVIAR. Nuns segundos recibiremos un correo de DIAL SL no que nos solicitarán a ACTIVACIÓN DO CONTRASINAL.

 

Unha vez activado xa poderemos acceder ao expediente do/a alumno/a desde Introduciremos o USUARIO, o CONTRASINAL e o CONTRASINAL PERSOAL XERADO.

 

Se non é a primeira vez que entrades pero non recordades o contrasinal tedes que recuperalo seguindo estas indicacións:

1) Na pantalla de introducir os datos pulsades en “Recordar Password“, abaixo de todo.

2) Ahí poñedes o DNI ou número de expediente do alumno/a e enviarán unha mensaxe de activación ao correo que consta na matrícula. Dese xeito podedes crear unha nova contrasinal.

 

 

COMUNÍCATE A TRAVÉS DE CENTROSNET, tamén no teu móbil

CENTROSNET tamén está dispoñible para instalar no móbil e na tablet (mensaxes e avisos, horarios e aulas, faltas de asistencia, … ). Unha vez instalada só nos queda poñer o Centro de estudos, o número de expediente e o contrasinal persoal do/a alumno/a. Para activar ou renovar a contrasinal tedes que entrar en Centrosnet desde un ordenador, ca tablet ou co móvil non funciona. Se vedes que se bloquea e non vos deixa entrar o mellor e sair do navegador e volver a empezar.

Instruccións de descarga de CentrosNet no dispositivo móbil