Lembrade que este curso adiántase a finalización das clases e a convocatoria extraordinaria terá lugar en xuño en lugar de setembro.
Polo tanto as datas relevantes deste fin de curso son as seguintes:
-Fin da actividade lectiva: venres 13 de maio
-Entrega de cualificacións: venres 20 de maio. De 18:00 a 19:00, para o grao elemental, e de 19:00 a 20:00 horas, para o grao profesional.
-Matrícula: entre o 23 de maio e o 2 de xuño, (mediante Centrosnet) segundo datas que se publicarán nesta web
-Exames extraordinarios (recuperacións): do 13 ao 16 de xuño, segundo o calendario que se publicará na web.