Estimadas familias:
O venres 12 de Maio, tal e como se nos indica nas instrucións da secretaría xeral de educación e formación profesional para a aplicación do calendario do curso 2022/23 nos conservatorios elementais e profesionais de música e danza, remata a actividade lectiva no conservatorio.
O período comprendido entre o 15 de maio e o 15 de xuño dedicarase preferentemente á preparación das probas extraordinarias e a actividades de apoio e titorización. Estas actividades realizaranse naqueles días nos que non teñan lugar probas de acceso ou premios fin de grao no conservatorio. Poderedes consultar os días nos que haberá horario lectivo normal no calendario que se adxunta: Consultar aquí
O alumnado ten a posibilidade de asistir a estas actividades que, en ningún momento, teñen carácter obrigatorio para o alumnado.
As probas extraordinarias de recuperación levaránse a cabo do 16 ao 21 de Xuño, segundo calendario que se publicará na páxina Web.
Un saúdo
Equipo directivo