INSTRUCIÓNS E NORMAS PARA A ELECCIÓN E RESERVAS DE CABINAS DE ESTUDO ESPECÍFICAS PARA O CURSO 2021-2022
A seguintes normas e instrucións están dirixidas a optimizar e dinamizar o uso das cabinas no centro. Cabe sinalar que deben ser respectadas para que o funcionamento deste espazos sexa eficiente e útil.
- A folla de ocupación estará na conserxería do centro, diariamente, para que o alumnado poida ser inscrito polos conserxes.
- O oco será cumprimentado co seu nome e apelidos.
- O alumnado non poderá anotarse dous dias consecutivos, salvo que non estean ocupados os ocos ás 21h do dia anterior.
- Unha vez finalizado o período marcado para a inscrición, os ocos baleiros poderanse ocupar se fose necesario.
- Para a súa limpeza e desinfección, polo persoal cualificado do centro, as cabinas serán abandonadas puntualmente.*
- Por mor do COVID-19 o alumnado intentará ter a menor incidencia posible na aula.
- Os alumnos de vento (madeira e metal) utilizaran papeis ou panos desbotables para recoller as pingas resultantes da condensación no estudo do instrumento. Cando finaliza o estudio eliminaranse na papeleira habilitada para tal fin.*
- Ao abandonar a cabina despois do seu uso, o alumno deixará a ventá e a porta abertas para que se produza unha correcta ventilación do espazo.*
- A ausencia e non uso dunha franxa horaria da cabina reservada, terá que ser debidamente xustificada ao secretario a través dun email enviado ao CMUS. *
* O incumprimento destas normas implicará sancións para o alumnado