AULA VIRTUAL: https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuspontevedra/aulavirtual/login/index.php
–
ESQUECICHES O CONTRASINAL?
Neste caso, tes que ir á páxina de acceso da aula e premer en “Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?‘:
A continuación, aparecen dous modos de recuperación de contrasinal. Tes que escoller UN dos dous modos:
-
por usuario
-
por correo electrónico
–
RECUPERACIÓN DE CONTRASINAL POR USUARIO
Neste caso, cómpre indicar o nome de usuario na caixiña correspondente, e logo premer en “Buscar”. O nome de usuario do alumnado é o expediente académico.
Se o nome de usuario introducido é correcto, recibirás no teu correo (dirección rexistrada na aula virtual) unha mensaxe con instrucións para crear un novo contrasinal.
–
RECUPERACIÓN DE CONTRASINAL POR DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO
Neste caso, cómpre introducir a dirección de correo electrónico rexistrada na aula virtual, e logo premer en “Buscar”.
Se a dirección de correo introducida é correcta, recibirás na mesma unha mensaxe con instrucións para crear un novo contrasinal.
–
IMPORTANTE
Se non recibes a mensaxe de recuperación de contrasinal na bandexa principal do teu correo:
-
Revisa a carpeta SPAM do teu correo
-
Revisa os filtros activados no teu correo para o correo entrante
-
Verifica co teu provedor de correo electrónico que poidas recibir mensaxes procedentes dos dominios edu.xunta.gal, edu.xunta.es, conservatoriomanuelquiroga.gal