Aula virtual: modificación do correo electrónico | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Aula virtual: modificación do correo electrónico

Se desexas modificar a dirección de correo rexistrada na aula virtual para recibir notificacións e avisos, podes facelo do seguinte xeito:

1. Unha vez dentro da aula virtual, na zona superior dereita, preme no teu nome, e logo en Perfil.

2. Na seguinte páxina, fai clic na ligazón Editar perfil.

3. A continuación, podes cambiar a dirección de correo electrónico.

4. Por último, preme en Actualizar o perfil.