ALUMNADO DE 6º CURSO E 2º BACHARELATO | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

A avaliación dos alumnos de 2º de bacharelato e 6º curso vaise realizar na sesión ordinaria de xuño, xunto co resto do alumnado.

Polo tanto a actividade lectiva finalizará o 29 de maio para todo o alumnado do centro, incluido o alumnado que está a cursar 6º de profesional e 2º de bacharelato.

O alumnado poderá consultar as cualificacións finais na plataforma CENTROSNET a partir do 5 de xuño.