PRAZAS OFERTADAS
No seguinte enlace podedes consultar as prazas ofertadas para as probas de acceso a cursos distintos de 1º: Táboa de prazas
CRITERIOS, TRIBUNAIS E INSCRITOS para as probas: GRAO ELEMENTAL
Podedes consultar a información sobre as probas (criterios de cualificación, listado orientativo de obras,…) nos seguintes enlaces: 2º clave , 2º guitarra , 2º piano , 2º saxofón , 2º violín , 3º frauta travesa , 3º trompeta , 3º violín , 4º clarinete
Os TRIBUNAIS DE GRAO ELEMENTAL, cos listados de inscritos, podedes consultalos a continuación : Tribunais Grao Elemental
IMPORTANTE: Os/as aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.
PROBAS ACÚSTICAS PIANO: os aspirantes a 2ºGE de piano poderán facer probas acústicas no piano da proba o venres 17 e o luns 20 de xuño en horario de tarde. Para iso deberán anotarse na conserxería do centro ou por teléfono (886151545).
RESULTADOS PROBAS e PRAZO DE RECLAMACIÓNS (GE)
Podedes consultar os resultados ás probas de acceso ao GE no seguinte enlace: Resultados_GE
O prazo de reclamacións será dende o momento da publicación ata o 29 de xuño (ás 14h) Poderase presentar reclamación cumprimentando o seguinte impreso: impreso reclamación
MATRÍCULA DOS ADMITIDOS (GE)
Aqueles que resultaran admitidos poderán facer a matrícula os seguintes días:
Especialidades de Clave, Guitarra, Violín e Clarinete: 22 e 23 de xuño
Especialidades de Frauta travesa, Piano, Saxofón e Trompeta: 30 de xuño (unha vez rematado o prazo de reclamacións)
Para realizar a matrícula poderedes atopar as instrucións no seguinte enlace: información matrícula
CRITERIOS, TRIBUNAIS E INSCRITOS para as probas: GRAO PROFESIONAL
A información sobre as probas (criterios de cualificación, listado orientativo de obras, etc.) nos seguintes enlaces: 2º canto , 2º frauta travesa , 2º piano , 3º canto , 5º percusion
Os TRIBUNAIS DE GRAO PROFESIONAL, cos listados de inscritos, podedes consultalos no seguinte enlace: Tribunais Grao Profesional
IMPORTANTE: Os/as aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.
PROBAS ACÚSTICAS PIANO: o aspirante a 2ºGP de piano poderá facer probas acústicas no piano da proba o venres 17 e o luns 20 de xuño en horario de tarde. Para iso deberá anotarse na conserxería do centro ou por teléfono (886151545).
RESULTADOS PROBAS e PRAZO DE RECLAMACIÓNS (GP)
Podedes consultar os resultados das probas de acceso no seguinte enlace: Resultados_GP
O prazo de reclamacións será dende o momento da publicación ata o 28 de xuño (ás 14h) Poderase presentar reclamación cumprimentando o seguinte impreso: impreso reclamación
MATRÍCULA DOS ADMITIDOS (GP)
Aqueles que resultaran admitidos poderán facer a matrícula o 21 e 22 de xuño seguindo as seguintes instrucións: información matrícula
PROBAS DE GRAO ELEMENTAL (2º – 4º curso)
As probas para 2º, 3º e 4º de elemental constarán de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:
- Interpretación, no instrumento da especialidade á que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
- Exercicio teórico-práctico para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 1 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un.
A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 60%
- Proba de linguaxe musical: 40%
A puntuación final media, así calculada, será como mínimo de 5 puntos para poder superar a proba.
No caso de non superar un dos exercicios non se procederá ó cálculo da media ponderada.
Se precisas máis información das materias na páxina web do centro podes consultar as programacións didácticas dos distintos departamentos: https://www.conservatoriomanuelquiroga.gal/programacions-didacticas/
PROBAS DE GRAO PROFESIONAL (2º – 6º curso)
Estas probas estrutúranse en dúas partes:
- Proba de carácter práctico que avalía a interpretación instrumental.
- Proba que avalía os coñecementos teóricos e prácticos tendo en conta a distribución das materias correspondentes a cada especialidade instrumental nos diferentes cursos do grao profesional.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 0 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 70%
- Proba de linguaxe musical: 30%
As puntuacións definitivas obtidas polo alumnado será unha cualificación numérica de 0 a 10. A puntuación final media, así calculada, será como mínimo de 5 puntos para poder superar a proba.
De ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na proba de interpretación do instrumento.
Se precisas máis información das materias na páxina web do centro podes consultar as programacións didácticas dos distintos departamentos: https://www.conservatoriomanuelquiroga.gal/programacions-didacticas/
INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS
O aspirante deberá presentarse co seu DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade e as partituras orixinais das obras que interprete, no horario no que estea convocado.
ACLARACIÓNS:
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: No caso de que a obra a interpretar requira acompañamento, éste deberá ser aportado polo aspirante.
PARTITURAS: Será necesario traer os orixinais.
*IMPORTANTE: Todos os aspirantes deberán presentar DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.
SOLICITUDE DE PROBA DE ACCESO
O PRAZO PARA SOLICITAR PROBA DE ACCESO A 2º, 3º, 4º DE GRAO ELEMENTAL E 2º, 3º, 4º, 5º, E 6º DE GRAO PROFESIONAL SERÁ do 25 de abril ao 12 de maio.
A solicitude realizarase de xeito online no enlace que figurará máis abaixo. Pero ningunha solicitude será valida ata que sexa enviada á secretaría do centro dentro do plazo (ata o 12 de maio ás 14 horas).
DE SER O CASO, AS PROBAS REALIZARÍANSE NA TERCEIRA SEMANA DE XUÑO (entre o 20 e o 23 de xuño de 2022).
*Son probas extraordinarias e non saen prazas ofertadas en todos os instrumentos.
PASOS PARA SOLICITAR PRAZAS PARA AS PROBAS:
1) Acceder ao enlace de preinscripción: Pinchar aquí
2) Encher a folla de inscripción cos datos requeridos.
3) Imprimir ou descargar o resgardo de preisncripción e envialo antes das 14 horas do 12 de maio ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal
No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
Todos os aspirantes deberán confirmar a súa inscrición na proba de acceso antes das 14h do martes 7 de xuño da seguinte forma:
- ASPIRANTES DE GRAO ELEMENTAL: Deberán entregar copia do DNI. Poden enviala por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal) ou presencialmente na secretaría (de 9 a 14h).
- ASPIRANTES DE GRAO PROFESIONAL: Deberán entregar por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal) ou presencialmente na secretaría (de 9 a 14h), a seguinte documentación:
1.- copia do DNI
2.- Xustificante do pago de taxas (achégase titorial de cómo facer o pago): Titorial taxas
3.- Documentación acreditativa da exención de taxas, no seu caso.
IMPORTANTE: Só poderán matricularse nas probas de acceso aqueles alumnos que previamente fixeran unha preinscrición no prazo prescrito (entre o 25 de abril e o 12 de maio)