Prazos e datas de interese no procedemento de acceso a cursos distintos de 1º: Consultar aquí
RESULTADO DAS PROBAS DE ACCESO A 2º e 3º GE
No seguinte enlace podedes consultar a cualificación dos tribunais de acceso que se levaron a cabo o 7 e 8 de xuño: enlace
PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: do 9 ao 16 de xuño (ás 14h) , segundo o seguinte modelo
ALUMNOS EN LISTA DE ESPERA (L.E.): Os alumnos que se atopen en L.E. poderán ser chamados durante o mes de xuño no caso de que queden prazas vacantes no seu instrumento.
Matrícula do alumnado admitido (2º e 3º elemental)
Os alumnos que superaran a proba de acceso e obtiveran praza poderán facer efectiva a matrícula entre o 19 e o 20 de xuño, seguindo os seguintes pasos:
1º.- Leer estas instrucións: INSTRUCIÓNS
2º.- Cubrir o seguinte impreso de matrícula: IMPRESO
(só no caso de fraccionar o pago da matrícula, deberedes tamén cumprimentar este outro impreso: impreso_2ºprazo
3º.- Realizar o pago. Seguindo os pasos que se mostran no seguinte titorial: TITORIAL
4º.- Entregar a documentación, preferentemente por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal), poñendo no asunto “Matrícula: nome do alumno” ou presencialmente na secretaría do centro entre as 9 e as 14h.
5º.- Cumprimentar enquisa de horarios. Para a elaboración de horarios é importante que cumprimentedes unha enquisa sobre o horarios que cursen no colexio ou IES no seguinte enlace: ENQUISA
Podedes consultar INFORMACIÓN XERAL sobre o GRAO ELEMENTAL no seguinte enlace: INFORMACIÓN
TRIBUNAIS (Datas e horas das probas)
Podedes consultar os tribunais (composición, datas e horas) e os aspirantes admitidos para cada curso e instrumento na seguinte táboa: Tribunais e admitidos
PRAZAS OFERTADAS PARA CADA CURSO
Podedes consultar a oferta de prazas para cada curso e instrumento na seguinte táboa: Prazas ofertadas
CRITERIOS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS
Podedes consultar os criterios e información orientativas sobre as probas nos seguintes enlaces:
GRAO ELEMENTAL
ACORDEÓN: enlace
CLARINETE : enlace
GUITARRA: enlace
PERCUSIÓN: enlace
PIANO:
2º G.E.: enlace
3º G.E.: enlace
SAXOFÓN: enlace
VIOLÍN: enlace
IMPORTANTE: Os aspirantes de piano poderán facer probas acústicas no piano do auditorio con anterioridade á proba. Os aspirantes a 2ºGE poderán ensaiar os días 5 e 6 de xuño pola tarde e os aspirantes de 3ºGE na tarde do 7 de xuño. Para poder facer estas probas acústicas deberán elexir un horario concreto e apuntarse na conserxería do centro en persoa ou chamando ao teléfono 886151545.
GRAO PROFESIONAL
I.C.P.R.B.: enlace
PASOS PARA CONFIRMAR A SOLICITE DE PRAZA PARA AS PROBAS:
1) Enviar un email ao enderezo cmus.pontevedra@edu.xunta.gal antes das 14 horas do 25 de maio confirmando que o aspirante se vai presentar ás probas.
2) Achegar copia do DNI
No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
PROBAS DE GRAO ELEMENTAL (2º – 4º curso)
As probas para 2º, 3º e 4º de elemental constarán de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:
- Interpretación, no instrumento da especialidade á que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
- Exercicio teórico-práctico para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 1 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un.
A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 60%
- Proba de linguaxe musical: 40%
A puntuación final media, así calculada, será como mínimo de 5 puntos para poder superar a proba.
No caso de non superar un dos exercicios non se procederá ó cálculo da media ponderada.
Se precisas máis información das materias na páxina web do centro podes consultar as programacións didácticas dos distintos departamentos: https://www.conservatoriomanuelquiroga.gal/programacions-didacticas/
PROBAS DE GRAO PROFESIONAL (2º – 6º curso)
Estas probas estrutúranse en dúas partes:
- Proba de carácter práctico que avalía a interpretación instrumental.
- Proba que avalía os coñecementos teóricos e prácticos tendo en conta a distribución das materias correspondentes a cada especialidade instrumental nos diferentes cursos do grao profesional.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 0 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 70%
- Proba de linguaxe musical: 30%
As puntuacións definitivas obtidas polo alumnado será unha cualificación numérica de 0 a 10. A puntuación final media, así calculada, será como mínimo de 5 puntos para poder superar a proba.
De ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na proba de interpretación do instrumento.
Se precisas máis información das materias na páxina web do centro podes consultar as programacións didácticas dos distintos departamentos: https://www.conservatoriomanuelquiroga.gal/programacions-didacticas/
INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS
O aspirante deberá presentarse co seu DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade e as partituras orixinais das obras que interprete, no horario no que estea convocado.
ACLARACIÓNS:
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: No caso de que a obra a interpretar requira acompañamento, éste deberá ser aportado polo aspirante.
PARTITURAS: Será necesario traer os orixinais.
*IMPORTANTE: Todos os aspirantes deberán presentar DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.
SOLICITUDE DE PROBA DE ACCESO
O PRAZO PARA SOLICITAR PROBA DE ACCESO A 2º, 3º, 4º DE GRAO ELEMENTAL E 2º, 3º, 4º, 5º, E 6º DE GRAO PROFESIONAL SERÁ do 17 ao 28 de abril de 2023.
A solicitude realizarase de xeito online no enlace que figurará máis abaixo. Pero ningunha solicitude será valida ata que sexa enviada á secretaría do centro dentro do plazo (ata o 28 de abril ás 14 horas).
DE SER O CASO, AS PROBAS REALIZARÍANSE NA SEGUNDA SEMANA DE XUÑO (entre o 5 e o 9 de xuño de 2023).
*Son probas extraordinarias e non saen prazas ofertadas en todos os instrumentos.
PASOS PARA SOLICITAR PRAZAS PARA AS PROBAS:
1) Acceder ao enlace de preinscripción: Pinchar aquí
2) Encher a folla de inscripción cos datos requeridos.
3) Imprimir ou descargar o resgardo de preisncripción e envialo antes das 14 horas do 28 de abril ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal
No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.