1º CURSO DO GRAO ELEMENTAL

 

 

 

Prazos e datas de interese no procedemento de ACCESO AO GRAO ELEMENTAL: enlace

 

 

 

TRIBUNAIS E LISTA DE INSCRITOS

 

 

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental realizaranse o 29 e o 30 de maio.

 

Podedes consultar o listado dos aspirantes inscritos clicando no seguinte enlace:  LISTAXE DE INSCRITOS

 

A información relativa aos tribunais están no seguinte enlace:  TRIBUNAIS ELEMENTAL

 

IMPORTANTE:  Os/as aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.

 

 

OFERTA DE PRAZAS E NÚMERO DE INSCRITOS

 

Poderedes consultar a oferta de prazas e inscritos para cada grao e instrumento na seguinte táboa: Prazas e inscritos para 1º curso

 

 

CRITERIOS E INFORMACIÓN sobre a realización das probas

 

Grao Elemental:  Criterios de acceso

 

 

PREINSCRICIÓN

O período de inscrición da proba de acceso ao 1º curso das Ensinanzas Elementais e Profesionais de Música será do 27 de marzo  ao 14 de abril de 2023.

A preinscrición realizarase de xeito online (no enlace que facilitaremos a partir do día 27). Pero ningunha inscrición será válida ata que sexa enviada á secretaría do centro xunto coa documentación requerida dentro do prazo (ata o 14 de abril ás 14 horas).

*A documentación (resgardo da solicitude e copia do DNI ) será enviada, preferentemente, por correo electrónico ao seguinte  enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal,  dentro do prazo establecido (ata o 14 de abril ás 14 horas). 

 

PASOS PARA REALIZAR A PREINSCRICIÓN ÁS PROBAS DE 1º:

1) Acceder ao enlace de preinscrición: PREINSCRICIÓN (do 27 de marzo ao 14 de abril)

2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.

3) Imprimir ou descargar o resgardo de preinscrición e envialo, xunto co resto de documentación, antes das 14 horas do 14 de abril ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal

No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.

 

A documentación a enviar é a seguinte:

-Copia da solicitude

-Copia do DNI