1º CURSO DO GRAO PROFESIONAL

 

Matrícula do alumnado admitido (1º profesional)

 

Os alumnos que superaran a proba de acceso e obtiveran praza poderán facer efectiva a matrícula seguindo os seguintes pasos:

1º.- Leer estas instrucións:  INSTRUCIÓNS

2º.- Cubrir o seguinte impreso de matrícula: IMPRESO

(só no caso de fraccionar o pago da matrícula, deberedes tamén cumprimentar este outro impreso: impreso_2ºprazo

3º.- Realizar o pago. Seguindo os pasos que se mostran no seguinte titorial: TITORIAL

4º.- Entregar a documentación, preferentemente por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal), poñendo no asunto “Matrícula: nome do alumno” ou presencialmente na secretaría do centro entre as 9 e as 14h.

5º.- Cumprimentar enquisa de horarios. Para a elaboración de horarios é importante que cumprimentedes unha enquisa sobre o horarios que cursen no colexio ou IES no seguinte enlace: Enquisa Horarios Profesional

 

Podedes consultar INFORMACIÓN XERAL sobre o 1º curso de GRAO PROFESIONAL no seguinte enlace:  INFORMACIÓN

 

 

 

Prazos e datas de interese no procedemento de ACCESO AO GRAO PROFESIONAL: Consultar aquí

 

 

RESULTADOS das probas de acceso:

Os resultados das probas de acceso ao grao profesional pódense consultar no seguinte enlace:  Enlace aos resultados

O prazo de reclamacións será do 29 de maio ao 2 de xuño (ás 14 horas) entregando o seguinte impreso: Descargar modelo

 

 

 

 

 

TRIBUNAIS E LISTAS DE INSCRITOS

 

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Profesional realizaranse os días 24, 25 e 26 de maio.

A información relativa aos tribunais están no seguinte enlace:  TRIBUNAIS PROFESIONAL

 

IMPORTANTE:  Os/as aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.

 

* Aqueles aspirantes inscritos para a proba de acceso na especialidade de Piano, poderán realizar un ensaio no piano do centro, os días 22 e 24 de maio
Para iso deberán anotarse previamente na conserxería do centro (tfno: 886151545).

 

 

OFERTA DE PRAZAS E NÚMERO DE INSCRITOS

Poderedes consultar a oferta de prazas e inscritos para cada  instrumento na seguinte táboa: Prazas e inscritos para 1º curso

 

 

 

CRITERIOS E INFORMACIÓN sobre a realización das probas

Grao Profesional: Parte de Linguaxe Musical Parte Instrumental

*Ver aquí un exemplo de cada unha das partes do exame da parte de linguaxe musical (na proba, as partes de ritmo, entoación e teoría constarán de máis exercicios de dificultade similar) 

 

CUALIFICACIÓNS

Cada unha destas partes, cualificarase de cero a dez puntos e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos, en cada unha delas, para as superar.

A puntuación definitiva da proba será a media ponderada da cualificación obtida en ambas partes. Para estes efectos ponderarase a primeira parte nun 70% e a segunda nun 30%.

No caso de que non se acade a cualificación mínima nalgunha das partes non se fará a media ponderada, sendo a cualificación “Non Apto”.

 

 

 

 

 

 

 

PREINSCRICIÓN

O período de inscrición da proba de acceso ao 1º curso das Ensinanzas Elementais e Profesionais de Música será do 27 de marzo  ao 14 de abril de 2023.

A preinscrición realizarase de xeito online (no enlace que facilitaremos a partir do día 27). Pero ningunha inscrición será válida ata que sexa enviada á secretaría do centro xunto coa documentación requerida dentro do prazo (ata o 14 de abril ás 14 horas).

*A documentación (resgardo da solicitude, copia do DNI e taxas no caso de profesional) será enviada, preferentemente, por correo electrónico ao seguinte  enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal,  dentro do prazo establecido (ata o 14 de abril ás 14 horas). 

 

PASOS PARA REALIZAR A PREINSCRICIÓN ÁS PROBAS DE 1º:

1) Acceder ao enlace de preinscrición: PREINSCRICIÓN (do 27 de marzo ao 14 de abril)

2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.

3) Imprimir ou descargar o resgardo de preinscrición e envialo, xunto co resto de documentación, antes das 14 horas do 14 de abril ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal

No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.

 

A documentación a enviar é a seguinte:

-Copia da solicitude

-Copia do DNI

-Resgardo das taxas, só no caso do grao profesional. Para realizar o pago das taxas debedes seguir este titorial: Acceso profesional