Hoxe queremos faceros partícipes dunha fantástica noticia. Iván Ruibal Seoane, de 13 anos de idade e alumno de 2º de grao profesional do mestre Gonzalo García foi galardoado esta pasada fin de semana co segundo premio no VIII concurso de piano xuvenil de Ferrol na primeira categoría autonómica na que concursaban pianistas de ata 19 anos de idade, interpretando obras de Liszt, Rachmaninov y Falla. Noraboa Iván!!