PREMIOS FIN DE GRAO | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:

Rematar os estudos de 6º curso de Grao Profesional no curso 2020-2021 cunha cualificación media de 8 no dito curso, ou superior. ( Orde do 10 de marzo de 2009  )

PRAZOS:

 

O prazo para solicitar a participación nos Premios de Fin de grao será do 14 ao 19 de maio (ás 14h).

SOLICITUDES:

 

Para participar debedes cubrir unha solicitude de participación ( solicitude_PremioFinGrao  ) e unha autorización para a gravación ( autorización_gravación ).

Podedes enviar ditas solicitudes ao correo electrónico do centro (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal) ou entregalo na secretaría (en horario de mañá).

INFORMACIÓN DA PROBA

 

1º. Cada departamento instrumental deberá propor unha lista de obras, unha obra obrigada e catro máis a escoller, para presentarse á proba. O candidato/a poderá presentar outra obra que non estea na lista, sempre e cando, esta sexa previamente aceptada e aprobada polo departamento correspondente.

2º. A proba cualificarase apto ou non apto. O acordo do tribunal poderá ser por maioría ou por unanimidade.

3º. O alumno/a deberá traer o seu propio pianista acompañante, se  precisara.

4º. O alumno/a tocará de memoria cando menos, unha obra das presentadas.

5º. O programa terá unha duración mínima de 30 minutos, e interpretará, cando menos, dúas obras que correspondan e estilos diferenciados. Unha delas será a obra obrigada proposta polo departamento.

LISTADOS DE OBRAS

 

Podedes consultar o listado das obras das distintas especialidades no seguinte enlace: listado de obras

CRITERIOS MÍNIMOS DE VALORACIÓN DA PROBA

 

1º. Evidenciar unha madurez técnica e musical sobresaliente para interpretar un recital de, alomenos trinta minutos, con obras de estilos variados, cunha dificultade técnica e musical meritoria de un Galardón á Excelencia, mantendo unha extraordinaria calidade interpretativa ao longo de todo o recital.

2º. Trascender os aspectos técnicos para acadar unha transmisión musical, a través dun discurso musical emanado do propio intérprete, e tendo como base o texto.

3º. Interpretar de memoria algunha das obras do programa.

4º. Interpretar o programa có acompañamento requerido para cada obra.

5º. Coñecer e aplicar con solvencia o protocolo de concerto e as convencións interpretativas.

TRIBUNAIS E DATAS DE CELEBRACIÓN

 

Os tribunais sairán publicados nesta páxina.

As probas realizaranse previsiblemente a semana do 14 de xuño.